Ao norte do Monseibán está a serra central do Xistral. Por alí fixemos varias mostraxes en sitios cómodos, porque con 32 ºC, repito, 32ºC que facía arriba, non estaba o día para longas camiñadas.
Cordal central do Xistral
A omnipresenza de eólicos esnaquizou a paisaxe para sempre na liña de cumes. Mellor baixar a vista cara as brañas e turfeiras, que localmente se coñecen como tremoais.
Braña e tremoal
Poza en turfeira
As pozas de augas permanentes garantizan a presenza de odonatos. Observamos as especies máis habituais destes hábitats frescos e hiper húmidos: gaiteiro azul (Calopteryx virgo), donceliña de Mercurio (Coenagrion mercuriale), donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula), donceliña fina (Ceriagrion tenellum), emperador grande (Anax imperator) ou libélula azul (Orthetrum coerulescens), moi abondosa esta última.
Libélula azul (Orthetrum coerulescens)
Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:500 V:1/400 F:4
Donceliña fina (Ceriagrion tenellum)
Donceliña de Mercurio (Coenagrion mercuriale)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:250 V:1/320 F:4
Tamén observamos unha Ischnura que non puidemos identificar ben. A ferramenta de ID de Observado di que ao 100% de probabilidades sería Ischnura elegans pero non o teño tan claro.
Donceliña elegante/ibérica (Ischnura elegans/graellsii)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:160 V:1/640 F:4
Unha diminuta araña saltadora achegouse por alí. En España hai case vinte especies do xénero Heliophanus, ao que pertence o exemplar da foto, un bichiño de apenas uns milímetros. Por certo, pensade que a foto non está tomada cun obxectivo macro, senón cunha bridge.
Araña saltadora (Heliophanus sp)
Sony RX10 III focal 30 mm ISO:320 V:1/400 F:4
Estes calores son absolutamente inusuais por acó. As aves refrescábanse como podían.
Pica alpina (Anthus spinoletta) logo do baño
Buxato (Buteo buteo) á sombra dun piñeiro
Outras andaban de caza ou facendo turismo.
Aguia cobreira (Circaetus gallicus)
A presenza de voitres polo norte galego deixou de ser noticia hai tempo. Agora todos os anos poden verse grupos deles nos meses de primavera e verán. A maioría son exemplares novos ou subadultos non reprodutores. A día de hoxe non coñezo aínda ningún episodio de reprodución.
Voitre (Gyps fulvus)
Voitres a carón dun eólico
Voitre (Gyps fulvus)
Atopamos un exemplar pousado nunha torreta que nos deixou achegar dabondo. Unha mágoa a luz tan dura desas horas.
Voitre (Gyps fulvus)
Voitre (Gyps fulvus)
Sony RX10 III focal 600 mm ISO:100 V:1/640 F:4
E con este "posado" terminamos a miniserie sobre as Highlands galegas. Continuará.