Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1160

Candil curvado (Onychogomphus uncatus)

$
0
0
  Onte facía umha mostraxe polo río Xuvia en San Sadurniño coa idea de buscar novas poboacións de Oxygastra curtisii. Non tiven sorte con ela pero si había moitos exemplares de Candil curvado (Onychogomphus uncatus), outra libeliña típica dos nosos ríos.

 Candil pousado na follasca do río

  Aínda que resulta moi difícil fotografar estas libélulas nos claro-escuros baixo o bosque galería.


   O Xuvia neste tramo non está tan ben conservado coma O Belelle (quizá por iso non haxa Oxygastra) mais ten aínda unha boa representación de fauna fluvial.

 Río Xuvia ao seu paso por San Sadurniño (A Coruña)

  Na escuridade baixo a floresta conseguín tirar unha foto en voó logo de varios intentos.

 Sony RX10 III focal 220 mm (600 mm)  ISO: 800  V: 1/200  F:4

 Máis doado resulta cando pousan no chan aberto, costume que comparten cos libélulas do xénero Orthetrum, aínda que os gónfidos como este candil son moito máis nervosos e inquedos.


Paseo fluvial do Xuvia

 Varias femias ovopositaban tocando brevemente na auga co abdome e unha parella formou tándem xusto diante miña. Eu, que son medio voyeur, non me resistín a afotalos.

 Parella de Onychogomphus uncatus copulando

  Se vos fixades na imaxe anterior o macho mantén collido o "pescozo" da femia cos seus grandes apéndices anais.
Apéndices anais do macho

  Despois da cópula o macho pousou nunha estaca para fumar un cigarro, momento en que me permitíu achegarme ata case tocalo (estaría cansado logo da faena).

Candil curvado (Onychogomphus uncatus) macho
Sony RX 10 III 32 mm (88 mm)  ISO: 200   V: 1/400  F: 6,3

   E nos despedimos cun futuro gran depredador de de libeliñas. Este voantón de lavandeira real demostrou que xa está feito un consumado cazador e capturou diante miña unha despistada Calopteryx.

Lavandeira real (Motacilla cinerea) voantón con femia de Caloptery virgo recén capturada

  Máis nada por hoxe. Grazas por me ler.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 1160