Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159

Lagoa da Frouxeira, censo completo 23 - 01 - 2022

$
0
0

 Hoxe fun á ría de Cedeira para botar unha mao co censo de águia pescadora (coordenado pola SGO en Galiza).  Aproveitando que pasaba por alí achegueime antes á lagoa da Frouxeira, bastante tranquila a primeira hora da mañá. 

Anatídeas na lagoa da Frouxeira, Valdoviño (A Coruña)

  A lagoa está aberta, en óptimas condicións para a sedimentación, alimentación e repouso das aves.

Grupo de galiñolas (Fulica atra)

Nela puiden facer un censo case completo das súas acuáticas, que enumero de seguido:

  • 2 Cisnes mudos (Cygnus olor). Especie moi fotoxénica mas invasora
  • 4 Patos culler (Spatula clypeata)
  • 167 Frisados (Mareca strepera)
  • 3 Asubiadores (Mareca penelope)
  • 434 Alavancos (Anas platyrhynchos). Cando estaba a realizar o conteo máis preciso houbo unha espantada. Penso que había arredor de 500 ex.
  • 128 Cercetas reais (Anas crecca)
  • 3 Patos chupóns (Aythya ferina). Pareceume ver tamén un pato de colar (Aythya collaris) mas finalmente resultou ser unha "galiña": un joyuyo deses do demonio.
  • 104 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Censo moi preciso, se acaso 5-10 ex máis
  • 80 Galiñolas (Fulica atra)
  • 0 Galiñas de río (Gallinula chloropus)
  • 0 Rascóns (Rallus aquaticus) detectados
  • 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 95 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • Gaivotas comúns (Larus michahellis/fuscus)
  • + Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 9 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 5 Garzotas (Egretta garzetta)
  • 9 Cullereiros (Platalea leucorodia)
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus). Ao principio semellaba femia. Ollando as fotos aprécianse indicios dun ton cincento nas secundarias e na cola. Quizá era un macho subadulto (ou dous bichos diferentes, vaia).
 Durante o tempo que botei a censar colleume o frío (no paseo peonil tardan moito en chegar os raios do sol por culpa do monte de Valdoviño).  Xa cos dedos conxelados tentei sacar unhas fotos para ilustrar a entrada.


Grupo de mergullóns (Tachybaptus ruficollis)

Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)

 Como non son moita cousa engado imaxes de arquivo para completar a entrada. Pertencen ás dúas anatídeas máis abondosas logo do alavanco.

Parella de pato frisado (Mareca strepera)
Canon SX60 (focal 1000 mm)   ISO:160   V:1/640   F:7,1

Pato frisado (Mareca strepera), macho
Nikon P1000  (focal 2000 mm)    ISO:125   V:1/500    F:6,3

Cercetas reais (Anas crecca)

Cercetas reais (Anas crecca)
Nikon P1000 (focal 1500 mm)    ISO:720   V:1/320   F:5,6

Cerceta real (Anas crecca) macho
Nikon B700 (focal 1440 mm)   ISO:100   V:1/400   F:6,5

 Bon, apañei moito frío esta mañá mas pagou a pena. Agora case non vou á lagoa e cómpre aproveitar ben cada visita.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159