Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159

Combatente (P. pugnax) e outras novidades

$
0
0
   Onte achegueime de novo até o encoro das Forcadas, en Valdoviño. Desta volta estiven a prospectar a ribeira de Loiravella.


   Aquí as pradeiras submerxidas fican ao descoberto en canto baixan as augas conformando un hábitat frecuentado por varias especies escasas como o Mazarico rabinegro (Limosa limosa). Mesmo foi avistado hai anos o raro Bilurico patimarelo (Tringa melanoleuca)


   Onte as "pradeiras" de Loiravella estaban ocupadas por 1 Píllara dourada (Pluvialis apricaria), 1 Píllara real (Charadrius hiaticula), 7-8 Becacinas (Gallinago gallinago), 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos) e 1 Combatente (Philomachus pugnax), bastante raro de ver aquí aínda que seguramente é máis habitual do que pensamos. Pola contra non detectei nengún Bilurico alinegro (Tringa ochropus) por primeira vez desde hai dous meses.

Combatente (Philomachus pugnax)

   O malo desta zona tan aberta é que non podes achegarte moito ás aves porque está moi exposto. Pero con boa luz e unha cámara bridge tampouco fai falta.


 Becacina ou Narcexa común (Gallinago gallinago)
Canon SX60 focal 247 (equiv. 1365 mm)  ISO: 200  V: 1/400  F: 6,5

    Precisamente o pasado mércores observara unha Píllara dourada en migración activa sobre o asteleiro no que traballo.

Píllara dourada (Pluvialis apricaria)

 Píllara real (Charadrius hiaticula)

   Hai días que viña a observar a presenza dun Ibis sagrado no encoro, probablemente o exemplar do Val avistado en Xuño. Ao principio pensaba que sería un "fake" (bicho criado fuxido dunha colección). Logo de comprobar varias veces a súa timidez cara min considero que se trata dun individuo salvaxe nacido na poboación naturalizada da Bretaña.

 Ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus)

Paisaxe das Forcadas

 E fin, que este tranquilo encoro segue a ofrecer momentos relaxados, lonxe dos mascotizados humidais litorais. Sempre nos quedará a lembranza do que foron antes da Peste.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159