As lagoas de Riocaldo son un conxunto de humidais artificais naturalizados a partir de canteiras abandonadas no concello de Begonte (Lugo).
"As do medio", como chamo eu, tiveron bastante importancia rexional como lugar de cría de anfibios e aves acuáticas durante uns anos ata que morreron, como tantos outros humidais galegos.
Así e todo nestas alturas podemos alviscar algunha que outra especie ornitolóxica de interese, maiormente bichos en paso migratorio. O máis salientábel hoxe foron 2 Cercetas comúns e 4-5 Biluricos alinegros, que están agora en pleno pico de migración.
Tamén a primeira Folosa das xunqueiras do verán.
Resulta incríbel como os nosos humidais, algúns deles cun grande potencial, semellan case mortos e baleiros de vida se os comparamos con espazos naturais equivalentes doutros territorios peninsulares. Penso nas típicas charcas de Salamanca ou Extremadura, cheas sempre de vida, e as comparacións son certamente odiosas.
Pero aquí nin hai limícolas, nin anátidas, nin tartarugas,....nin anfibios! En toda a mañá apenas achei un metamórfico de Hyla e dous exemplares de perezi! E a culpa desta auténtica hecatombe biolóxica tena principalmente o Cangrexo vermello americán, que se suma á fortísima presión predatoria do Visón americán e de peixes alóctonos como o Black-bass, introducidos tamén polos pescadores (igual que o Cangrexo).
Ver os encoros de Cecebre ou Sabón e as barreiras de Begonte baleiras completamente de anfibios é unha traxedia ecolóxica sen precedentes. Que aquí parece que o único "terrorismo ecolóxico" son os do Frente de Liberación Animal e as soltas de visóns, pero algúns pescadores e cazadores levan facendo "terrorismo" bastante máis tempo.
Afortunadamente os Mergullóns cristados viñeron a Begonte para quedarse. Desde principios da década pásada é reprodutor nestas lagoas e noutros humidais do Norte galego
Hoxe despacheime a gosto con unha familia relativamente confiada. Os 60-70 m. de distancia que había entre nós semellan menos unha vez editadas as fotos da SX60.
Despois falaremos, como non, de libeliñas.
Lagoa do Norte

Cercetas (Anas crecca)
Bilurico alinegro (Tringa ochropus)
Tamén a primeira Folosa das xunqueiras do verán.
Folosa das xunqueiras (Acrocephalus schoenobaenus)
Resulta incríbel como os nosos humidais, algúns deles cun grande potencial, semellan case mortos e baleiros de vida se os comparamos con espazos naturais equivalentes doutros territorios peninsulares. Penso nas típicas charcas de Salamanca ou Extremadura, cheas sempre de vida, e as comparacións son certamente odiosas.
"Lagoa do medio"
Pero aquí nin hai limícolas, nin anátidas, nin tartarugas,....nin anfibios! En toda a mañá apenas achei un metamórfico de Hyla e dous exemplares de perezi! E a culpa desta auténtica hecatombe biolóxica tena principalmente o Cangrexo vermello americán, que se suma á fortísima presión predatoria do Visón americán e de peixes alóctonos como o Black-bass, introducidos tamén polos pescadores (igual que o Cangrexo).
Ver os encoros de Cecebre ou Sabón e as barreiras de Begonte baleiras completamente de anfibios é unha traxedia ecolóxica sen precedentes. Que aquí parece que o único "terrorismo ecolóxico" son os do Frente de Liberación Animal e as soltas de visóns, pero algúns pescadores e cazadores levan facendo "terrorismo" bastante máis tempo.
Caranguexo vermello (Procambarus clarkii)
Afortunadamente os Mergullóns cristados viñeron a Begonte para quedarse. Desde principios da década pásada é reprodutor nestas lagoas e noutros humidais do Norte galego
Hoxe despacheime a gosto con unha familia relativamente confiada. Os 60-70 m. de distancia que había entre nós semellan menos unha vez editadas as fotos da SX60.
Adulto carrexando un pito no lombo
Mergullón cristado (Podiceps cristatus) adulto con polo
Canon SX60 (focal 247 con zoom dixital a 104x) ISO: 160 V: 1/640 F: 7,1
Pito de Mergullón Cristado (Podiceps cristatus)
Canon SX60 (Focal 247 mm ISO 125 V: 1/ 500 F: 6,3)
Todas as imaxes tiradas sen trípode ou coa cámara apoiada no chan e disparo manual.