Hoxe rematan oficialmente as vacacións do Nadal (ainda que mañá será festivo local). Como era previsíbel non foron días felices para quen escrebe. O loito pola morte de María non rematou nin moitísimo menos e as lembrazas chegaron con forza nestas datas tan sinaladas. Por ese motivo o volume de entradas neste post volveu ser tan importante, case diario. Mentras a mente está ocupada no blogue non pensa noutras cousas.
Niko P950 focal 80 mm equiv. ISO:200 V:1/250 F:5,6
Esta mañá voltaba pola ribeira de Maniños (Fene), onde me esperaba un tempo invernal. De feito mesmo caeu unha forte saraibada que case me colle fóra. O bon destes pequenos peiraos é que sempre tes o carro perto, algo que se agradece en xornadas como a de hoxe.
Aguantando a saraibada
O día amencía escuro. Ainda así escollín a P950 por probala en condicións de luz mínima.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Niko P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:900 V:1/250 F:6,3
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Niko P950 (focal 1600 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
O grupo de mergullóns era hoxe de once exemplares. O resto deben andar entre O Seixo e o castro de Noville, outra zona da que gostan moito.
Mergullóns de pescozo negro. Ao fondo estaleiro de Navantia-Ferrol
Nikon P950 (focal 185 mm equiv) ISO:800 V:1/160 F:4,5
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 (focal 1100 mm equiv) ISO:1600 V:1/200 F:5,6
Aguia pescadora (Pandion haliaetus) perseguida por Corvus corone
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Non canso de repetir o importante que é para os naturalistas fotógrafos empregar un bon programa de edición dixital. Chámese Lightroom, Photoshop, Darktable, Canon DPP ou o que sexa. As circunstancias en que disparamos son a miudo de máxima distancia e mínima luminosidade.
Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Nikon P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
Os fotógrafos de verdade verían coma unha herexía o procesado ao que someto as miñas imaxes pero eles xogan a outro deporte. Os paxareiros somos vítimas das circunstancias, que dicía o outro. E debemos adaptarnos.
RAW da imaxe anterior editado con Lightroom Photoshop
Nikon P950 (focal 1200 mm equiv) ISO:1600 V:1/320 F:6,3
E con esta imaxe dos meus queridos mergullóns de pescozo negro rematamos por hoxe.