Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1160

Ría de Ortigueira, censo de acuáticas 21/08/2021

$
0
0

 Agora que non se pode ir á Frouxeira cómpre repetir visitas a outros humidais, menos interesantes para o paso de migrantes, pero moito máis tranquilos e con un grao de infección mascoteira bastante máis levadeiro. Como a ría de Ortigueira, onde hoxe facía un censo de acuáticas.

Ría Central desde a Ponta de Feás (Cariño)

 Alí atopábame con José Ramón Castro e coñecía a Bibiana Lorenzo, unha colega naturalista da Coruña. Depois aparecían Álvaro F. Polo e Marta Josa, secretaria de AEFONA (Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza) con quen tivemos tempo a botar unhas parrafadas, coma sempre. A última hora saudaba a Jesús Risueño, paxareiro madrileño que pasa temporadas en Ortigueira (e lector deste blogue). 

Ría Central mirando cara o Sul (igrexa de San Clodio ao fondo)

 Había unha baixamar de 0,8 m así que alguhas cousas se puideron censar máis ou menos ben, pero outras non tanto.

Ría Central desde Feás mirando cara o N

 Non había moita cousa porque estamos en temporada baixa mas xa apareceron algunhas novidades con respeito ao último censo. Imos coas matemáticas:

  • 1 Ganso cincento (Anser anser)
  • 303 Alavancos (Anas platyrhynchos). De novo repítese unha cifra arredor dos 300 exemplares, menos da metade dos que mudaban na ría hai 10 ou 20 anos. Brutal declinio.
  • 1 Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis)
  • 102 Gabitas (Haematopus ostralegus)
  • 1 Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) adulta en plumaxe nupcial
  • 1 Píllara real (Charadrius hiaticula)
  • ++ Mazaricos reais (Numenius arquata)
  • ++ Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • 2 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)
  • 11 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
  • 48+ Pilros comúns (Calidris alpina)
  • 4 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 61 Biluricos claros (Tringa nebularia). Quizá 50 máis.
  • 45 Biluricos comúns (Tringa totanus). Pouco preciso.
  • Gaivotas típicas que xa non detallo
  • 1 Carrán mouro (Chlidonias niger)
  • 1 Carrán "comic" (Sterna hirundo/paradisaea, probablemente o primeiro)
  • 3 Carráns cristados (Thalasseus sandvicensis)
  • 6 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • Garzas reais e garzotas (Ardea/Egretta)
  • 1 Garza branca (Ardea alba)
  • 3 Cullereiros (Platalea leucorodia)
  • 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
  • 1 Picapeixe (Alcedo atthis). 

Gaivotas choronas e cabecinegras no intermareal central

Águia pescadora (Pandion haliaetus)

  Non se pode dicir que a ría estivese chea de aves (iso pasará por Novembro) e as fotos que puiden tirar son bastante cutres. A verdade é que case prefería estar buscando Acrocephalus paludicola no sistema dunar da Frouxeira, pero... xa sabedes.

Garza branca (Ardea alba, dereita da imaxe)

Carrán mouro (Chlidonias niger)

Mazaricos (Numenius spp) e gabitas (Haematopus) na zona Sul da ría

En fin, aquí seguimos, como podemos.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 1160