A lagoa de Valdoviño segue con un nível medio-normal, axeitado para a observación de acuáticas.
Esta mañá, na compaña de Pepín Rivera, estivemos fotografando anátidas, das que hai agora unha diversidade interesante: Asubiador (Anas penelope), Pato culler (Anas clypeata), Lavanco (Anas platyrhynchos), Frisado (Anas strepera), Cerceta (Anas crecca), Pato chupón (Aythya ferina), Pato cristado común (Aythya fuligula), Pato cristado americán (Aythya collaris) e Pato bastardo (Aythya marila). destacando especialmente os parrulos mergulladores do xénero aythya, dada a tendencia regresiva tan severa que se está a dar no noso país e en xeral no contexto peninsular.
Sen embargo o meu obxectivo era obviamente localizar o Mergullón real (Podiceps auritus) que acharan antonte Pablo e Antonio. Poño unha foto testemuñal.
Ésta é a miña primeira observación da especie aquí, aínda que xa fora observada por un colega da SGHN a principios dos anos noventa ou finais dos oitenta, non lembro ben (Juan I. Díaz da Silva, comunicación persoal). Esperemos que aguante uns días ata os censos de Xaneiro.
Tamén había polo menos un Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), que xa é máis habitual na lagoa, sen chegar a ser común desde logo.
Cada día cobran máis importancia os modestos pero regulares continxentes invernantes de parrulos mergulladores do xénero Aythya, en severo declive no contexto peninsular. Se nos anos oitenta censábanse por centos en numerosas localidades galegas agora apenas superan o centenar en tres ou catro sitios (Encoro da Fervenza, Ría de Vigo, A Frouxeira e algunha que non lembro agora). O declive parece que tamén foi gordo en humidais importantes españois.
Como curiosidade na lagoa de Gallocanta (Aragón) chegaron a formarse concentracións de ata 100.000! A.ferina naqueles anos oitenta. Unhas cifras realmente mareantes.
A verdade é que hoxe daba gosto ver a variedade de anatídeas que descansaban perto do illote da Lapela. Os asubíos delataron axiña a presenza dos fermosos Patos asubiadores:
O Pato cristado americán, de procedencia neártica, volveuse en especie regular na zona de Ferrol. Din os entendidos destas cousas que son exemplares salvaxes non fuxidos de coleccións.
Hoxe censaba 100 Patos chupóns, un número bon para estes tempos de "crise ornitolóxica", máis aínda tendo en conta o benigno do inverno, un factor que inflúe moito nestas cousas.
A quen máis me prestou pillar foi a esta femia de Pato bastardo:
Podemos comparar as femias das distintas especies de Aythya nas seguintes imaxes. Atención sobre todo á forma da cabeza e por suposto á ampla mancha branca na base do peteiro (ollo, que algunhas femias de A.fuligula teñen moito branco tamén)
En canto se abra o período hábil para censar haberá que facer a lagoa en primeiro lugar, antes de que suba o nivel da auga e as aves sexan máis difíciles de avistar.

Mergullón real (Podiceps auritus)

Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
Cada día cobran máis importancia os modestos pero regulares continxentes invernantes de parrulos mergulladores do xénero Aythya, en severo declive no contexto peninsular. Se nos anos oitenta censábanse por centos en numerosas localidades galegas agora apenas superan o centenar en tres ou catro sitios (Encoro da Fervenza, Ría de Vigo, A Frouxeira e algunha que non lembro agora). O declive parece que tamén foi gordo en humidais importantes españois.
Como curiosidade na lagoa de Gallocanta (Aragón) chegaron a formarse concentracións de ata 100.000! A.ferina naqueles anos oitenta. Unhas cifras realmente mareantes.
A verdade é que hoxe daba gosto ver a variedade de anatídeas que descansaban perto do illote da Lapela. Os asubíos delataron axiña a presenza dos fermosos Patos asubiadores:
Pato asubiador (Anas penelope, drta.)
O Pato cristado americán, de procedencia neártica, volveuse en especie regular na zona de Ferrol. Din os entendidos destas cousas que son exemplares salvaxes non fuxidos de coleccións.
Pato cristado americán (Aythya collaris)
Hoxe censaba 100 Patos chupóns, un número bon para estes tempos de "crise ornitolóxica", máis aínda tendo en conta o benigno do inverno, un factor que inflúe moito nestas cousas.
Pato chupón (Aythya ferina) macho
A quen máis me prestou pillar foi a esta femia de Pato bastardo:
Podemos comparar as femias das distintas especies de Aythya nas seguintes imaxes. Atención sobre todo á forma da cabeza e por suposto á ampla mancha branca na base do peteiro (ollo, que algunhas femias de A.fuligula teñen moito branco tamén)
Femias de Aythya fuligula (Esda.) e Aythya marila (Drta.)
Esta fuligula non ten branco pero pode telo
Femias de Aythya ferina (esda.) e Aythya marila (drta.)
Pato bastardo (Aythya marila) femia
Bando de Galiñolas (Fulica atra) na parte Sul da lagoa