Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1160

Observacións por Valdoviño na fin de semana

$
0
0
O sábado visitaba o encoro das Forcadas (Valdoviño) na compaña de José Ramón Castro. Hoxe voltábamos aló e posteriormente demos unha volta polos prados de Taraza, Meirás. Isto foi o máis salientábel do que vimos:

 Aves acuáticas:
  • Varias familias de Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) con polos crecidos.
  • 1 Garza vermella (Ardea purpurea) xuv, presente ambos días no encoro
  • 14+ Cercetas reais (Anas crecca). Os machos seguen coa plumaxe de "eclipse"
  • 5 Biluricos alinegros (Tringa ochropus)
  • 2 Becacinas común (Gallinago gallinago)

 Becacina ou Narcexa común (Gallinago gallinago)

Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

Paseriformes terrestres:
  • Un Peto formigueiro (Jynx torquilla) en Taraza esta mañá
  • Dúas Picas (Anthus sp) que non puiden identificar en Vilaboa o sábado. O reclamo que emitiron ao sair voando do cable non me pareceu o típico das tres spp presentes na zona (era máis ben un "chirrrruuupp" ou "churrriiip")
  • Moitas Chascas norteñas (Saxicola rubetra): 5+ en Vilaboa e 10 nos prados de Taraza
  • Varias Papuxas comúns (Sylvia communis) en Vilaboa. A especie extinguiuse coma reprodutora pola costa Norte mais é común no paso outonal
  •  Moitos Picafollas cantores (Phylloscopus trochilus)
  • Unha Folosa dos carrizos (Acrocephalus scirpaceus) en Vilaboa
  • 1-2 ex de Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca) en Vilaboa
  • 2-3 ex de papamoscas cincento (Muscicapa striata) no mesmo lugar

Chasca norteña (Saxicola rubetra) xuv.

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)

Outras observacións:
  • Unha Lontra (Lutra lutra) alimentándose de Caranguexos vermellos (Procambarus klarkii) a primeira hora do sábado. Este crustáceo invasor semella xa a presa principal do mustélido no encoro.
  • Un Raposo (Vulpes vulpes) patrullando a ribeira de Vilaboa esta mañá. 
  • Unha explosión brutal de Sympetrum striolatum a mediodía do sábado, con deceas ou centos de parellas en tándem nun prado anexo de Vilaboa. Ademáis apareceron Anax imperator, Cordulegaster boltonii, Lestes virens, Lestes viridis e Sympetrum sanguineum. Quizá a xornada con maior cantidade de libeliñas observadas este ano.

 Lontra (Lutra lutra) consome Caranguexo vermello

 Raposo ou Golpe (Vulpes vulpes) merodeando pola ribeira

Tándem de Sympetrum striolatum

   Aproveitemos estes ventos dominantes de compoente leste para desfrutar dos paseriformes terrestres migrantes. En canto viren a SW aumentarán as limícolas e outras.

Encoro das Forcadas desde a cola final

Viewing all articles
Browse latest Browse all 1160