Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159

Lagoa de Valdoviño, 11-Setembro, máis A. paludicolas!

$
0
0
   Este domingo xuntábamonos na Frouxeira David Martínez, Pablo Gutiérrez, Antonio Gutierrez e un servidor. David quería "bimbear" o Papoazul (Luscinia svecica) e Pablo quería afotar a Folosa acuática (Acrocephalus paludicola) así que estivemos na canaveira do NW, onde se lograron ambos obxectivos. Porque estes días son especialmente favorábeis para controlar paseriformes migrantes, antes de que mude a situación meteorolóxica (que parece que por fin se vai poñer favorable para acuáticas).  O máis importante é que se volveu controlar una especie tan ameazada e rara como o paludicola, que está presente na lagoa alomenos desde o 21-Agosto.

  Eu non puiden lograr un disparo limpo; Pablo tivo máis sorte e amablemente cedeume varias fotazas - non publicadas - para ilustrar a entrada (graciñas!!).



Folosa acuática (Acrocephalus paludicola)
As tres fotos de Pablo Gutiérrez Varga

  Antes houbo tempo para controlar o intermareal e a lagoa, onde voaba un bando de 23 Carráns pequenos (Sterna albifrons), unha boa cifra da especie nestes tempos que corren.

Controlando limícolas na Frouxeira (esda. a drta.: David, Pablo e Antonio)

     Nesta ocasión adiquei a mañá sobre todo á fotografía de Natureza.
 
 Mazaricos (Limosa limosa/lapponica)

      As fotos a ras do chan gañan en vistosidade e beleza, pois aíllas o suxeito do fondo e dás unha perspectiva completamente horizontal; mais perdes nitidez do fondo e polo tanto tamén información do entorno do bicho, do seu hábitat. Porén, sei que é unha técnica que debo aprender e tento practicala cando xurde ocasión.

 Mazarico rabinegro (Limosa limosa)
Canon SX60 (focal 247 mm)  ISO 125   V: 1/500  F: 7,1

   Recentemente tiven algunha discusión con persoas que por gastarse un dineral nun equipo reflex cren que xa saben de fotografía. Como ún está cansado de ouvir tontarías e chorradas sobre a dichosa "calidade" das bridge vamos poñer un par de imaxes que para si quixeran algúns destes pseudofotógrafos cos seus super equipos:

Pilro tridáctilo (Calidris alba)
Canon SX60 (247 mm)  ISO: 200  V:1/800   F: 6,5

   A ún deles tentaba explicarlle que se a distancia ao obxecto non é moita, nas bridge actuais podemos subir a sensibilidade ata  ISO 640-800 sen maior problema, pero me discutía que diso nada. Afirmaba o personaxe que só valían como fotos con valor documental. Vaia, que a seguinte foto debe ir directamente á papeleira, non?

 Pilro tridáctilo (Calidris alba)
Canon SX60 (focal 247 mm)   ISO 640  V: 1/500  F: 6,3

  En fin, perdón polo tono hostil destes últimos parágrafos, pero non sabedes o farto que estou de escoitar tantas críticas ás compactas. Os que saben de verdade non fan máis que loubar as moitas cousas boas das bridge e as súas posibilidades para uso naturalista (non profesional, obviamente) pero os que non teñen nin p. idea, sempre sacan a lingua a pacer. Dame pacencia señor...


Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159