Hoxe quedei con Manolo Rei, un vello amigo da miña época libertaria, para que probase o Zuiko 100-400 (xa teño un par de posibles compradores). Con tal fin demos unha volta polo río Xuvia ao seu paso por Pedroso, onde estivemos a observar aves típicas de río.
Mentras el probaba o Zuiko eu montei o Panasonic na miña cámara. Un obxectivo de menor focal pero que é unha marabilla pola súa lixeireza (e nas miñas maos estabiliza mellor). Comezamos coa fermosa lavandeira real. Primeiro un disparo co Pana desde bastante lonxe. Houbo que recurtar dabondo.
Un lavanco real apareceu por alí. Sen dúbida é unha anatídea abondosa e ben repartida polo territorio galego grazas a que é capaz de vivir en humidais de todo tipo coma pequenas pozas, fragas pantanosas ou regatos de tamaño mínimo.
Por suposto fixemos un pequeno control sobre ún dos niños de merlo rieiro que teño controlados.
E así terminamos esta nova sesión de terapia contra a depresión. Xa o fixo na fase máis dura do loito e agora volve axudarme moito a fotografía (falta fai tamén). Ése é ún dos principais motivos polos que barallo a compra do 150-400 f:4,5.