Chegamos a unhas datas nas que a lembranza do vivido hai un ano vai ser moi dura. En marzo pasado comezaba un trimestre negro para min que remataría da pior forma imaxinable. Logo dunha noite complicada hoxe collía a mañá libre para me relaxar na lagoa da Frouseira.
Intermareal da Frouseira
Nikon P950 focal 125 mm ISO:100 V:1/160 F:5
Levei o telescopio e fixen un censo completo de acuáticas. A lista de aves incluindo terrestres podedes vela neste enlace a ebird. Imos cos números:
- 50 Patos cincentos (Mareca strepera). Xa voltaron á lagoa para se reproducir depois de pasar parte do inverno na ría de Cedeira e outros humidais próximos. Deles 31 machos e 19 femias
- 142 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). 95 machos + 47 femias. Hoxe facía vento e non estaba cómodo; outro día hei contabilizar os exemplares por grupos, tal como recomendou Souza para estimar mellor as parellas reprodutoras
- 86 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
- 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
- 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
- 33 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
- 4 Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
- 19 Gaivotas escuras (Larus fuscus)
- 7 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). 4 SE e 3 SW
- 10+ Mascatos boreais (Morus bassanus) na praia. No mar había deceas deles
- 20 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) aproximadamente
- 14 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
- 2 Garzas reais (Ardea cinerea)
Patos cincentos (Mareca strepera)
Nikon P950 focal 1500 mm ISO:200 V:1/250 F:6,3
Patos cincentos (Mareca strepera)
Patos cincentos (Mareca strepera)
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:200 V:1/250 F:6,5
Patos cincentos (Mareca strepera) e cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
As aves na Frouseira está moi afeitas á presenza humana e adoitan estar perto do paseo peonil. Non penso que haxa outro humidal galego onde as anatídeas ou limícolas se poidan fotografar tan cerca.
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Nikon P950 focal 1100 mm ISO:200 V:1/320 F:5,6
Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Nikon P950 focal 1100 mm ISO:200 V:1/320 F:5,6
Anatídeas xunto ao paseo peonil
Esperaba ver algunha novidade migratoria máis. Únicamente había un fuselo de rabo negro.
Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
Os cullereiros son xa unha especie habitual en Valdoviño. O grupo estaba hoxe xunto ao "Pozo do cura", na zona da canle. Con eles tomei as mellores fotografías da sesión. Cando os bichos e a luz colaboran todo é máis doado.
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Nikon P950 focal 500 mm ISO:200 V:1/320 F:6,3
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Nikon P950 focal 2000 mm ISO:100 V:1/200 F:6,5
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Nikon P950 focal 800 mm ISO:100 V:1/160 F:6,3
Terminamos cun dos meus paxaros favoritos (o outro día quedei abraiado cando un paxareiro me preguntou pola diferencia entre "ave" e "paxaro", comolocuento).
Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus) macho
Nikon P950 focal 600 mm ISO:800 V:1/160 F:5
Ben, veñen tres mesesen vou lembrar unha e outra vez as decisións que tomei ou non tomei o ano pasado; cousas que xa non teñen solución. Espero que superado este primer ano de loito comece o proceso para superar definitivamente a perda de María, que está ser moito máis profundo do que esperaba. Estas visitas terapéuticas a "Valdovo" axudan moito, desde logo.