Quantcast
Channel: Bichos e demais familia
Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159

11/02/2025 Outro día na "oficina"

$
0
0

  Hoxe ao saír da oficina onde traballo voltei á outra "oficina"; onde chovía con ganas.


  Afortunadamente parou de chover ao cabo dun rato, e aproveitei para visitar os peiraos habituais: O Seixo, Maniños e Barallobre.

Rampa de Maniños (Fene)

No observatorio

  Resumo o máis salientábel do observado hoxe:
  • 16 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Semella que xa marchou algún.
  • 1 Mobella grande (Gavia immer)
  • 6+ Corvos mariños cristados (Gulosus aristotelis)
  • 1 Garza branca grande (Ardea alba)

Corvos mariños reais e cristados (Phalacrocorax carbo/Gulosus aristotelis)

Corvo mariño cristado (Gulosus aristotelis) xoven

Garza branca grande (Ardea alba). Distancia: 370 m. Imaxe recurtada
Nikon P950 focal 1800 mm   ISO:200   V:1/500  F:6,3

Garza real (Ardea cinerea)
Nikon P950 focal 1400 mm   ISO:400   V:1/320  F:6,3

Mobella grande (Gavia immer). Distancia aprox 2 Km

  Se o outro día fotografara os mergullóns a media distancia e con moi boa luz hoxe estaban máis perto e co ceo toldado. O sábado debín levar a P950 e hoxe a OM-1 ou a Sony RX10, que irían moito mellor nestas circunstancias (cando os bichos están perto e se moven rápido resulta enormemente difícil coller foco cunha bridge de sensor 1/2,3")

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1000 mm   ISO:400   V:1/400  F:6,3

   Aínda así foi unha sesión fotográfica ben entretida. 

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1600 mm   ISO:400   V:1/400  F:6,3

Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1500 mm   ISO:800   V:1/320  F:6,3

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 1400 mm   ISO:800   V:1/500  F:6,3
 
    Obviamente as condicións das capturas eran moi malas e para reducir o ruido tiven que botar mao da I.A., máis unha vez.  De qué ferramenta tan marabillosa dispomos os afeizoados á fotografía!

Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis).
Nikon P950 focal 2000 mm   ISO:800   V:1/500  F:6,5

   Como vedes algúns mergullóns mostran a penaxe de celo case completa. Por marzo xa a terán case todos, se aínda os temos conosco daquela.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 1159