Á espera dunha saída moi potente que teño prevista para mediados de mes, sigo a pasear pola contorna inmediata da cidade de Ferrol. Esta mañá polas ribeiras do Belelle e do Basteiro, en Neda.
O sol por fin chegou á comarca. Logo de ter quer pelexar durante todo o inverno coa falta de luz a verdade é que se agradece poder fotografar sen este tipo de limitacións. Ademáis hoxe levaba a Fuji, que para macrofotografía é, penso, a mellor de todas as bridge de sensor pequeno. Tanto pola precisión do autofocus (por fase e contraste) como polo estupendo enfoque manual, moito máis parecido a unha reflex que o resto das compactas que probei.
A carón da levada dun muíño puiden "bimbear" unha nova especie de odonato para min: a Donceliña de Mercurio, que está incluída nas directivas europeas de conservación por estares desaparecendo nalgúns países ("Guía das libélulas de Galicia"- Miguel A. Fernández)
No mesmo lugar había tamén varios Gaiteiros azuis (Calopteryx virgo) e unha Donceliña sp vermella (Ceriagrion ou Pyrrhosoma) que non me deu tempo a identificar
Estoutra penso que é unha Esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii), aínda que debería ter os ollos verdes. Corrixan os expertos se procede. Un odonato que por certo está catalogado coma "en perigo" no Libro Vermello de Invertebrados de España.
Os modelos máis confiados da xornada foron varios Gaiteiros vermellos (Calopteryx haemorrhoidalis), que me permitiron achegar moito.
Seguimos aquí.
Rego do Basteiro
Río Belelle perto da desembocadura

Donceliña (Coneagrion mercuriale) macho
No mesmo lugar había tamén varios Gaiteiros azuis (Calopteryx virgo) e unha Donceliña sp vermella (Ceriagrion ou Pyrrhosoma) que non me deu tempo a identificar
Estoutra penso que é unha Esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii), aínda que debería ter os ollos verdes. Corrixan os expertos se procede. Un odonato que por certo está catalogado coma "en perigo" no Libro Vermello de Invertebrados de España.
Esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii)
Os modelos máis confiados da xornada foron varios Gaiteiros vermellos (Calopteryx haemorrhoidalis), que me permitiron achegar moito.
Gaiteiro vermello (Calopteryx haemorrhoidalis) macho
Gaiteiro vermello (Caloptery haemorrhoidalis) femia
Fuji HS59 (modo macro) ISO 100 V: 1/320 F: 5
Seguimos aquí.